Os Edublogs
OS EDUBLOGS
Tendo en conta o dito por Bohórquez (2008), o Blog é unha páxina Web non moi complexa e básica na cal, unha persoa pode punlicar comentarios, artículos, vídeos, imaxes, ........., é dicir, é unha páxina web de fácil uso, é gratuita e emprégase co fin de que o colgado polo autor poida ser comentado por outras persoas.
O blog aborda certas características que o diferenzan doutras páxinas como por exemplo: o seu emprego soe ser gratuito, o seu uso pode ser diverso (para oublicar información persoal, para o mercado laboral, cun fin educativo,..; o seu acceso é libre, poden acceder a él todas as persoas sen exclusión; a súa administración é sinxela e por último, fai posible que os visitantes poidan dar a súa opinión sobre o que o autor dun blog comenta.
Hoxe en día contamos cunha gran cantidade de ferramentas e programas para poder crear e poñer en marcha un Blog. Polo tanto, a través do emprego do ordenador, do portátil, da tablet do móbil, podemos crear un blog a través de diversos programas como por exemplo: HubSpot, Blogger, Tumblr, Medium, Site123, Webnode, SiteW, SilverStripe, WordPress, Weebly, Joomla, Drupal, Write.as, Squarespace, Wix, Craft CMS, Contently, Ghost, Pyro,...
Así mesmo, os blogs tamén se poden empregar como ferramenta educativa. Polo tanto, cando se empregan como ferramenta educativa reciben o nome de edublogs ou weblogs.
Os edublogs ou weblogs son unha plataforma de traballo que posibilitan realizar traballos en línea, facer público os resultados dos mesmos, actualizar noticias de interés educativa, ..... Desta maneira, xeran espazos para que os estudantes, docentes, grupos de traballos académicos,.... interactúen e crea así, canles de comunicación.
Os edublogs serven como ferramenta de axuda entre iguais dentro da aula, é decir, un neno interactua cun compañeiro da clase a través da WEB e así mesmo, serven para que os estudantes poidan darse a coñecer a través de internet. Estes por un lado, permítenlles aos estudantes, interactuar na rede de forma permanente e estar en contacto constante cos docentes e por outro lado, permítenlles aos docentes captar de forma sinxela e correcta a labor dos alumnos. Ademais, serven para almacenar o coñecemento adquirido na aula ou fóra dela, para obter rutinas de organización e ordeamento no proceso de ensino-aprendizaxe e por último, serven para expandir de forma rápida e sinxela os mensaxes do alumnado, os cales están preparados para ser expandidos a outras persoas interesadas nos memos contidos integrados en ditas mensaxes.
Por último, a súa utilización como ferramenta de aprendizaxe é util para que os estudantes poidan recibir as opinións dos seús compañeiros sobre temas relacionados coa aprendizaxe e estes, os edublogs, teñen como ventaxa o seu carácter exógeno e non dependen dun único servidor centralizado.
Para rematar, na nosa aula, empregaríamos o blog para que os nenos vaian escribindo diariamente os termos que máis lle chamaron a atención durante a clase. Ademáis, tamén contaría con dúas entradas máis. Unha desas entradas, sería empregada para poñer diariamente as tarefas que se levarán a cabo en cada unha das sesións e a outra entrada, recibiría o nome de "Diario de abordo", na cal os nenos terían que poñer as súas experiencias e o aprendido en cada unha das sesións.
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS:
Daniela Triana Rodríguez, Diana Patricia Cocunubo Serrano2 y Blanca Liliana Velásquez Carrascal (2016). ENFOQUE DE LOS "EDUBLOGS" EN LOS ESCENARIOS UNIVERSITARIOS: APPROACH "EDUBLOGS" SCENARIOS IN UNIVERSITY. Revista convicciones,3, 5, 21-23. ENFOQUE DE LOS “EDUBLOGS” EN LOS ESCENARIOS UNIVERSITARIOS | Revista CONVICCIONES (fesc.edu.co)
Londoño, P. (2023). 19 plataformas para crear un blog en 2023 (y cómo eligir). Hubspot. 19 plataformas para crear un blog en 2023 (y cómo elegir) (hubspot.es)
Bohórquez Rodríguez, E. (2008). EL BLOG COMO RECURSO EDUCATIVO. EDUTEC: Revista Electrónica de Tecnología Educativa, (26), 2-3 https://doi.org/10.21556/edutec.2008.26.468
Comentarios
Publicar un comentario