Privacidade, sharenting e dereito ao olvido
O SHARENTING
Na actualidade, podémonos atopar con diversas definicións sobre o termo Sharenting. As máis destacables son:
Segundo a definición realizada por Ammerman (2018) “O fenómeno do sharenting alude á cada vez máis frecuente práctica pola cal os proxenitores comparten nas redes sociais todo tipo de información persoal, especialmente fotografías, dos seus retoños” (Ammerman, 2018, p.254).
Por outra banda, temos a García (2021), este entende o sharenting como a práctica pola cal os proxenitores publican datos persoais, vídeos, fotografías ou audios dos menores nas redes sociais, polo xeral, sen o seu consentimento; provocando así, como principal consecuencia de dito fenómeno, a creación dunha identidade dixital prematura (García, 2021, p.24).
Grazas a un estudo, realizado pola escritora Nancy Jo Sales (2017), podemos afirmar que hoxe en día, xa nos Estados Unidos o 92% dos menores de idade teñen unha identidade dixital nos dous primeiros anos de vida (Sales, 2017, p.61. en García, 2021, p.24). Ademáis, este dato alarmante, tamén se dá no noso país xa que, como podemos ver nas nosas redes sociais, diaria mente prodúcese un gran incremento da sobreexposición dos nenos e nenas por parte das familias.
Asímesmo, a maioría dos nenos e nenas, menores de cincos anos, teñen xa por desgraza, arredor de 1.000 fotografías deles mesmos, colgadas nas redes sociais. Isto da lugar, segundo o dito por Garcia (2021), ao nacemento doutro término, o cal se coñece co nome de “nacemento dixital”. Este utilizase nos casos onde os proxenitores e proxenitoras publican fotografías ou vídeos das ecografías dos seus fillos e fillas, debido a que amosan imaxes do seu fillo xa antes de que este naza. Consecuentemente, a vida dixital dos nenos e nenas, iníciase antes de que estes comecen a usar as súas propias redes sociais, incluso como xa se mencionou anteriormente, antes do nacemento, debido a difusión de imaxes das ecografías, a cal se constitúe cada vez máis como unha práctica común durante o embarazo. Isto pode traer consecuencias como: roubo de información personal, violación da privacidade, etc…
Como viñamos dicindo, o Sharenting consiste en exhibir aos nenos menores nas redes sociais e hai pais que comparten dende o embarazo, información dos seus fillos a través das ecografías, ensinando o parto, o postparto, a primeira sonrisa, os primeiros pasos,….
Polo tanto, este tipo de pais, deixan aos seus fillos ao desnudo; a veces incluso de maneira literal, xa que mostran ao neno espido ante todo o mundo. Según un estudo realizado pola universidade de Michigan, chegouse a conclusión de que o 56% dos pais suben fotografías dos seus fillos, as cales poderían resultarlles vergonzosas a eses nenos.
A moitos dos pais e nais, os seus fillos e fillas parécenlles os máis graciosos, listos, guapos,.. e ata fai pouco compartíanse as bondades dos nenos e nenas nas ceas de navidade e outros momentos familiares. A estes pais, enchíanselles a boca falando de goles, sobresalientes, decisións acertadas dos nenos,… con toda a familia, incluso sabendo que desta forma facían de menos aos primos e a outras persoas, xa que, os que destacaban así eran só os seus fillos. Con isto, tratábase de amosar un trofeo, neste caso ao fillo, facéndoo destacar diante dos demais e sentir así, o aplauso, o recoñecemento dos familiares, amigos.. e daba igual se os nenos se sentían ridículos ou exhibidos, xa que o único que importaba era que os pais e as nais alimentasen o seu ego.
Non obstante, estas situacións seguen ocorrendo na actualidade, pero agora en vez de facelo nas ceas familiares, en reunións cos amigos,… faise a través das redes sociais.
Os bebés e os máis pequenos espertan nas persoas ternura e complicidade, polo tanto, son a foto perfecta para obter recoñecemento por parte dos demais pais; xa que, cando o resto de pais ven a un bebe o primeiro que din é: “qué lindura de bebé”, “pero qué monada, mo como”, “qué cousa tan bonita”, “parece un moneco”. ¿Pero a que precio se pode pagar cada comentario deste tipo? ¿Os pais están seguros de que os seus fillos desearían ser exhibidos nas redes sociais? ¿Coñecen as consecuencias? ¿Haberá alguén que poida estar excitado sexualmente, coa imaxe do neno? Si, é algo que pode soar terrible e moi brusco, pero é unha situación que pode darse perfectamente. Hoxe en día, cada vez existen máis pederastas, violadores, exhibicionistas, mafias,…. Polo tanto, no momento no que se publica a foto dun neno, nunca se pode saber quen realmente se atopa no outro lado da pantalla mirando as fotos.
Por conseguinte, é importante saber o que é a reputación virtual. A reputación virtual está composta de todo aquelo que se compartiu dunha persoa, por vontade propia ou por outras persoas, como poden ser os pais. Por exemplo, no caso dos adolescentes, estes repercuten a súa reputación virtual á hora de amosar nas redes sociais as borracheiras, os xestos obscenos, os comentarios negativos, desafortunados, críticos, insultos, fotos subidas de tono, nenos disfrazados,… xa que todo isto queda nas redes e estará aí visible para cando vaian a unha entrevista de traballo.
Polo tanto, a reputación propia e a dos fillos, dependendo do que se suba ás redes sociais, pode comprometerse de cara ó futuro posto que todo queda escrito e fotografado para sempre. Cabe destacar, que a Sociedade Nacional para a Prevención da crueldade contra os nenos, en Reino Unido, advirte que cada vez que unha foto ou un vídeo é publicada, crease de maneira automática unha pegada dixital do neno, a cal pode seguilo e repercutir na súa vida adulta.
É importante deixarlle claro aos pais e as nais, que o mundo non necesita coñecer o orgullosos que están dos seus fillos, nin coñecer os logros destes, nin as notas que sacan,…. e ademáis, deberían preguntarse por qué a súa autoestima depende tanto dea que alguén lle escriba algo bonito sobre o seu fillo ou filla, é decir, deberían realizarse a si mesmos a seguinte pregunta: ¿qué se esconde detrás da necesidade de recibir eloxios ao exhibir aos meus fillos? É máis, ¿a quen lle importa ver aos fillos destes pais como crecen, as notas que sacan, como se visten, o guapos que están,..? Como moito a quen lle importa de verdade é aos amigos máis íntimos e á familia.
Desta maneira, podemos chegar á conclusión de que aos pais lles encanta falar sobre os seús rapaces e compartir cousas deles só para gañar seguidores e visualizacións, xa que ao resto de persoas non lles interese dita información.
Outra acción sen sentido que fan os pais é felicitar aos seus fillos nas redes sociais, xa que estes non a van ver e ademáis, aínda non saben nin ler. Si para poder publicar a foto dun amigo necesitamos o seu permiso, ¿por qué non se fai o mesmo cos nenos?
A maioría de nenos que teñen como pais a influencers, pasan abundantes horas aburridos posando para estes e hai algúns, aos cales os expuxeron tantas veces, que ao ver unha un móbil, automaticamente se poñen a posar. É indecente dispoñer da imaxe e da privacidade dos fillos como si fosen da súa propiedade, xa que as persoas non son propiedade de ninguén, nin sequera os fillos.
Non obstante, é entendible que as redes poden facer chegar fotos e información marabillosa dos nenos e nenas aos familiares e aos amigos que están lonxe, pero para iso, os pais deberían usar mellor os chats de whatsapp ou facer un grupo privado de amigos nas redes, como os adolescentes actuais cando queren compartir algo sen que os pais o vexan.
Tras todo isto, antes de compartir fotos e vídeos dos seus fillos, os pais deben reflexionar cos seguintes puntos: - O Sharenting provoca que os fillos e as fillas se convirtan en fonte de acoso, ou pode facer que outros pais e nais do colexio, comenten nas súas casas sobre as fotos que suben certos pais, dicindo por exemplo: “non fai máis que sacar aos nenos polas redes”, “o neno engordou, como non empece a controlalo...”, e tras estes comentarios, sen querer poden chegar a realizar algún tipo de crítica, mofa,… que logo, os nenos trasladan ditos comentarios e mofas á escola. - O sharenting pode dar lugar á ciberdelincuencia. ¿Quén está vendo as fotos dos nenos? ¿Estaránsas descargando? ¿Con qué finalidad? Unha imaxe que para os pais é inocente, pode ter connotaciós sexuais para moitas persoas e polo tanto, usarse con finalidades perversas. O que a xente publica de maneira “privada”, outros entendeno como algo público e desta maneira, poden capturar a foto co móvil, compartila e utilizala para o que sexa. - Calquer publicación deixa unha pegada dixital para o futuro. O que expresaches en calquera das áreas da vida, determina a vida dos fillos, aínda que os fillos non se identifiquen con esas opinión nun futuro. - E o máis importante, os nenos non deberían ser utilizados para sentir o apoio, a aprobación, os likes da xente,... Se os pais queren iso, que saian eles, que fagan fotos súas e que falen deles mesmos xa que, respectar a intimidade dos fillos e a súa privacidade é clave para educar en valores e ademáis, está recollido na lei de protección de datos.
Cabe deixar como mensaxe para os pais, que si queren aos seus fillos por encima de todo, é necesario que pensen nas consecuencias de compartir fotos deles nas redes socias. Para desta maneira, chegar a antepoñer así, o benestar psicolóxico e emocional dos nenos, así como a seguridade dos memos.
En conclusión, este fenómeno é algo que se está comezando a extender e a usarse dunha maneira moi rápida e sen control sobre ela; consistindo nunha subida masiva por parte dos pais de contido persoal dos seus fillos ás redes sociais de forma pública e visible para todos. Todo este fenómeno podería reducirse se incentivamos e fomentamos charlas e concienciación sobre os perigos das redes sociais, e ensinar dunha maneira segura aos pais de como empregar as redes sociais.
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS:
Ammerman Yebra, J. (2018). El régimen de prestación del consentimiento para la Intromisión en los derechos de la personalidad de los menores. Especial referencia al fenómeno del sharenting. Actualidad Jurídica Iberoamericana, (8), 253-264
García García, A. (2021). La protección del menor en el derecho europeo y español: el sharenting y su problemática. Editorial Universitat Politècnica de València.
Comentarios
Publicar un comentario