Gamificación

A GAMIFICACIÓN

A gamificación infantil consiste nunha técnica de aprendizaxe na aula, onde se usan as dinámicas propias do xogo en entornos que non son lúdicos.

PROXECTO DE REFERENCIA:

Con esta actividade, a mestra trata de explicarlle aos alumnos diferentes conceptos matemáticos a través de vídeos dinámicos, interactivos e lúdicos.

 

Con esta actividade, a mestra trata de explicarlle aos alumnos diferentes conceptos matemáticos a través de vídeos dinámicos, interactivos e lúdicos.





Un posible proxecto de gamificación que poderíamos aplicar na aula de infantil, sería crear un Kahoot, cunha temática especial como a natureza; faríanse preguntas simples para que os nenos as poidan contestar e de paso ir aprendendo algo novo sobre a natureza e a vexetación de Galicia. Serían preguntas relacionadas coas árbores  a vexetación, a fauna os animais, etc… Para poder realizar esta proba, proxectaríanse as preguntas na pantalla do profesor para que todos poidan ver as preguntas, e entre todos, escoller unha resposta que crean que é a correcta.


Outro posible proxecto é o emprego da gamificación co fin de que os nenos e nenas aprendan conceptos lingüisticos da lingua exranxeira inglesa. Este proxecto gamificado para infantil, está pensado para traballarse durante o último trimestre do curso cos nenos e nenas de 5-6 anos e durante unha única sesión. A historia do proxecto está centrada en Óscar e Lucía, os cales deben recoller diversas flores de certas cores específicas co fin de crear un ramo grande e para elo, necesitan a axuda dos nosos alumnos. Como o noso obxetivo é fomentar a cooperación e colaboración, deberán formar grupos de 4 para poder realizar a misión. Desta maneira, os alumnos e alumnas deberán superar 4 niveis para axudar a Óscar e a Lucía a completar o ramo. En cada un nos niveis, aparecerá unha flor co nome en castelán e cunha cor específica co nome tamén en castelán e para poder pasar ao seguinte nivel, deberán descifrar o nome correcto da flor e da cor en inglés.







Comentarios

Entradas populares de este blog

A PDI (pizarra dixital interactiva)

Os Edublogs