Gamificación e videoxogos para educación infantil
A GAMIFICACIÓN E OS VIDEOXOGOS EN EDUCACIÓN INFANTIL
A gamificación sempre foi un recurso utilizado no núcleo escolar, sen embargo, debido ao contexto de dixitalización no que nos atopamos é necesario incluir nesta estratexia as TIC.
Esto aportará varios aspectos favorables na aula como pode ser a motivación; a cooperación, facilitando así a resolución de conflictos e traballo en equipo; a adaptación a cada alumno/a; a alfabetización dixital; etc.
Na aula de infantil debemos aplicar a gamificación de forma na que se nos permita traballar diferentes aspectos ao mesmo tempo, deste xeito os nenos e nenas poderán aprender dunha forma lúdica.
Ademáis, para a aprendizaxe dos pequenos e pequenas podemos facer uso dunha ferramenta moi interesante e eficaz como son os videoxogos. Ao contrario da percepción que se pode ter sobre implantar dita estratexia cos cativos/as, esto pode proporcionar diferentes beneficios para os nenos e nenas, dende un aprendizaxe proactivo no que sexan os propios alumnos e alumnas os que se impliquen no seu propio proceso educativo ata poder contar con unha maior opcionalidade a hora de educar e ensinar. Deste modo os videoxogos educativos convertiranse nunha fonte de aprendizaxe divertida e innovadora para o noso alumnado de infantil.
Por último, é importante falar sobre as NEAE e cando se fala de Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) faise referencia a aquel alumnado que nalgún momento do seu percorrido formativo, pode chegar a requirir determinados apoios e/ou atencións educativas específicas.
Por último, é necesario, para a detección ademais dos familiares e o contexto escolar, contar co asesoramento e os profesionais do Equipo de Orientación Educativa. Os primeiros sinais detectados, crean a necesidade de intervir tanto desde o ámbito educativo como desde o ámbito familiar. Para levar a cabo os procedementos establecidos para identificar as Necesidades Específicas de Apoio Educativo e a consecuente resposta educativa que se ofrecerá.
Comentarios
Publicar un comentario