Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

Gamificación

Imagen
A GAMIFICACIÓN A gamificación infantil consiste nunha técnica de aprendizaxe na aula, onde se usan as dinámicas propias do xogo en entornos que non son lúdicos. PROXECTO DE REFERENCIA:   Con esta actividade, a mestra trata de explicarlle aos alumnos diferentes conceptos matemáticos a través de vídeos dinámicos, interactivos e lúdicos. Un posible proxecto de gamificación que poderíamos aplicar na aula de infantil, sería crear un Kahoot, cunha temática especial como a natureza; faríanse preguntas simples para que os nenos as poidan contestar e de paso ir aprendendo algo novo sobre a natureza e a vexetación de Galicia. Serían preguntas relacionadas coas árbores  a vexetación, a fauna os animais, etc… Para poder realizar esta proba, proxectaríanse as preguntas na pantalla do profesor para que todos poidan ver as preguntas, e entre todos, escoller unha resposta que crean que é a correcta. Outro posible proxecto é o emprego da gamificación co fin de que os nenos e nenas aprendan con...

Prueba de correo

Imagen
A influencia da tecnoloxía no desenvolvemento do neno Esta é unha proba

Videotutorial de ciencias e videoconto

Imagen
  VIDEOTUTORIAL DE CIENCIAS Se clicas nesta imaxe, poderás ver o noso graaan experimento!!!  Esperemos que vos guste moito!! VIDEOCONTO Se clicas nesta imaxe, poderás ver o noso videoconto !!!  Esperemos que vos guste moito!!

A PDI (pizarra dixital interactiva)

Imagen
PDI A PDI (pizarra dixital interactiva) é un recurso educativo que supón un cambio metodolóxico nas aulas. Hai que ter en conta  que esta tecnoloxía debería estar ao servizo do profesor e dos estudantes, non ao revés, é dicir, que deben ser as necesidades metodolóxicas as que determinen que uso débese facer desta lousa, e non que o uso deste dispositivo tecnolóxico determine o que e o como ensinar. O valor desta ferramenta didáctica depende da incidencia que teña na aprendizaxe do alumnado. Por último, mencionar que u nha pantalla con presentacións dinámicas pode manter a motivación dos estudantes unha semana; con todo, se somos capaces de conseguir unha dinámica de clase comunicativa na que os estudantes interactúan, esta motivación pode ser moito máis duradeira. Alguns exemplos de actividades levadas a cabo coa PDI son:(meter a nosa actividade cando este feita) -Correción colaborativa dos exercicios dos alumnos -Creación de gráficos estadísticos -Celebración de videoconferencias ...

Privacidade, sharenting e dereito ao olvido

Imagen
O SHARENTING Na actualidade, podémonos atopar con diversas definicións sobre o termo Sharenting. As máis destacables son: Segundo a definición realizada por Ammerman (2018) “O fenómeno do sharenting alude á cada vez máis frecuente práctica pola cal os proxenitores comparten nas redes sociais todo tipo de información persoal, especialmente fotografías, dos seus retoños” (Ammerman, 2018, p.254). Por outra banda, temos a García (2021), este entende o sharenting como a práctica pola cal os proxenitores publican datos persoais, vídeos, fotografías ou audios dos menores nas redes sociais, polo xeral, sen o seu consentimento; provocando así, como principal consecuencia de dito fenómeno, a creación dunha identidade dixital prematura (García, 2021, p.24). Grazas a un estudo, realizado pola escritora Nancy Jo Sales (2017), podemos afirmar que hoxe en día, xa nos Estados Unidos o 92% dos menores de idade teñen unha identidade dixital nos dous primeiros anos de vida (Sales, 2017, p.61. en Garcí...